martes, 12 de julio de 2016

Pedro Cobo. A Miña nube de INTERESES


Son Pedro Cobo Domínguez. Nacín nun Concello "onde Galicia perde o nome".
Estudiei na USC.  
Estou nestes intres facendo un Grao.


Levo xa anos traballando no mundo das políticas activas de emprego, e coido que  por moito esforzo  que lles adique, nunca será suficiente mentras quede unha persoa que precise que se lle axude.


Lograrase ou non, pero pretendo facilitar  que os recursos dos que as persoas dispoñen se poñan en valor e que elo leve consigo que identifiquen tódalas opcións laborais e poder escoller con plena autonomía e que poidan tomar decisións que lle redunden no seu propio emprego, e que dalgún xeito poidan ser conscientes dos logros, vantaxes, e ser críticos e avaliar ditos resultados de forma autónoma.





Estamos en continua evolución  e para novos problemas, precísanse novas solucións e nunca está de máis un reciclaxe de coñecementos e intrumentos que interveñen no ámbito laboral.

A miña conta en twitter

No hay comentarios:

Publicar un comentario