viernes, 15 de julio de 2016

REFLEXIÓN INDIVIDUAL MÓDULO 1. MARCO CONCEPTUAL. PURIFICACIÓN PÉREZ

CURSO PONTE POSGRAO EN ORIENTACIÓN LABORAL

O primeiro módulo deste curso ponte analiza o marco conceptual a través do Mercado laboral, a Iniciativa emprendedora e o Marco de referencia.


MERCADO LABORAL


No primeiro tema deste módulo analizamos o marco conceptual do mercado laboral no que o Traballo é considerado un factor produtivo. Neste mercado os taballadores ofrecen a súa forza de traballo (Oferta de traballo composta pola poboación activa) a cambio de un salario. En función do elevado que sexa o salario, a Demanda de traballadores por parte das empresas será menor, existe unha relación inversa entre demanda e salario. O equilibrio do mercado laboral sitúase no punto en que se cruzan a oferta e a demanda.

Estudamos dúas das principais correntes que tratan de explicar o comportamento do mercado laboral: Clásica e a Keynesiana. A primeira defende que o mercado está sempre en situación de pleno emprego, que para conseguilo só é necesario baixar os salarios. A teoría Keynesiana explica que pode existir paro debido a que os salarios son ríxidos á baixa, polo que para aumentar a demanda é necesario aumentar a demanda de productos (demanda agregada).



Neste primeiro tema tamén pudemos analizar os indicadores do mercado de traballo:

  • EPA (enquisa de poboación activa) vs Paro rexistrado
  • Poboación activa: traballadores/as ocupados/as + Poboación desempregada
  • Poboación ocupada
  • Poboación desempregada
  • Poboación inactiva
  • Taxas de: paro, de actividade, de emprego ou de dependencia.

Vimos os tipos de desemprego:

  • Estructural
  • Friccional
  • Cíclico
  • Estacional
E os seus efectos sobre as persoas desempregadas (económicos e psicolóxicos) e ocupadas, así como sobre a economía.


Outro dos puntos que pudiemos ver ao longo deste primeiro tema, foi o Mercado laboral actual, a importancia do seu coñecemento á hora de fixar unha obxectivo e unha estratexia de busca. Dende esta óptica non debemos perder de vista temas como:
  • Normativa
  • Comportamento das ocupacións
  • Novos xacementos de emprego (máis información)
  • Perfís ocupacionais da oferta de emprego
Comprendemos a importancia da clasificación ocupacional en materia de emprego e a a necesidade de adaptar o sistema de clasificación á realidade actual, recollendo as novas ocupación que van aparecendo, especialmente aquelas relacionadas coas novas tecnoloxías. O RD 1591/2010 aproba a Clasificación Nacional de Ocupacións 2011, CNO11

Coñecemos os Instrumentos e feramentas para o estudo do mercado:
  • Observatorio ocupacional do Servizo Público de Emprego Estatal
  • Observatorio ocupacional do Servizo Público de Emprego en Galicia
  • Observatorio Europeo de Emprego
Vimos a importancia da prospección do mercado como medio para coñecer as necesidades de recursos persoais a curto e medio prazo favorecendo adpatación e actuación a través de políticas activas de emprego para responder a estas demandas.

Finalmente, dentro do Mercado laboral abarcamos o estudo das distintas vías de acceso ao emprego:
  • Emprego por conta allea (administración pública e empresa privada)
  • Emprego por conta propia


INICIATIVA EMPRENDEDORA

No estudo da iniciativa emprendedora repasamos as principais conclusions do informe GEM e a incidencia da crise na actividade emprendedora que baixou en galicia dende o a no 2007 de 7,64% a 3,92% no ano 2014.

Unha das razóns da baixa Taxa de actividade emprendedora (TEA) é o noso modelo productivo basado nas PEMES do sector turístico e da construcción, xunto co comportamento ESPONXA do noso mercado laboral.

Analizamos as principais dificultades que podemos atopar no noso país á hora de emprender:
  • Dificultade de financiamento
  • Multitude de tramites administrativos e prazos moi largos
  • Falta de cultura emprendedora

Os beneficios sociais da creación de empresas e o emprendemento social:
  • Crean riqueza de forma sostible
  • Fomentan o arraigo no territorio
  • Favorecen a cohesión social e territorial
  • Interveñen en sectores socialmente necesarios

Tamén repasamos os elementos esenciais no proceso de creación de empresas:
  • A ideaO modelo de negocio
  • As características da poboación emprendedora
  • Consecuencias da decisión de emprender
  • O plan de empresa
Tivemos a ocasión de facer unha do modelo CANVAS mediante o que se valida a idea ata convertila nunha oportunidade de negocio. O lenzo canvas trata de responder a catro preguntas básicas do deseño da empresa:
  • Como
  • Que
  • Quen 
  • Canto

No noso grupo E Agora Que, elaboramos o lenzo Canvas para a posta en marcha de unha Food Truck. Foi moi interesante recoller información e ver os problemas e cuestións que se teñen que ter en conta para a creación de unha empresa.

MARCO DE REFERENCIA 
Sistema Nacional de Emprego é o conxuto de estructuras, medidas e accións necesarias para levar a cabo as políticas activas de emprego. Está formado por:

  • Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Composto por uns servizos centrais, unha rede territorial de 759 oficinas e un espazo web (http://www.sepe.es/). As súas competencias son as de lexislación laboral, bases e planificación en xeral da activiade económica e as políticas activas de emprego.


  • Sevizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas (en Galicia SPEG) (novas estructura orgánica). O SPEG encargase do desevolvemento e execución de políticas activas de emprego.

Repasamos as políticas de empreo e as medidas urxentes para o fomento da contratación e a creación de emprego
  • Redución das cotizacións
  • Fomento da contratación estable
  • Medidas aplicables aos beneficiarios/as das prestacións por desemprego
Analizamos o programa de garantía xuvenil (POEX)




MANEXO DE FERRAMENTAS TIC APLICADAS Á ORIENTACIÓN

Neste curso de posgrao estamos repasando redes sociais aplicadas á orientación laboral que xa viramos no curso de especialización (Twitter, Facebook ou Blogues) e introducindo no manexo de outras novas (Storify, Tagxedo ou Scoop.it)


A MIÑA EXPERIENCIA PERSOAL

O feito de ter que desprazarme e principalmente as datas nas que comenzaba este curso, puxeronme difícil tomar a decisión de matricularme. Dos puntos do programa, o empredemento foi o que máis me motivou á hora de tomar a decisión de realizar este curso xa que era unha das miñas asignaturas pendentes. Teño que admitir que tomei unha decisión acertada e que as sesións principais están resultado moi enriquecedoras tanto polos temas a tratar, como polos casos prácticos que se propoñen e principalmente pola oportunidade de intercambio de experiencias con outras/os profesionais da orientación e outras persoas que non pertencen a este ámbito e nos apotan a visión que teñen as persoas usuarioas dos servizos de orientación.

PARA SABER MÁIS

Regulamento CE1897/2000





1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar