miércoles, 20 de julio de 2016

Reflexión individual módulo I Pedro Cobo Domínguez


COMENTARIO RESUME MÓDULO I  

Este é un pequeno resumo dos temas estudados no módulo I, tanto nas sesións presenciais, como na documentación da plataforma do curso  ponte para obter o título de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral - Edición 2016.

Ponentes:
María Teresa Deus Trasobares.  Linkedin
Fernando Agulló Leal. Linkedin
Carlos Parada Gandos. Linkedin

Epígrafes que se estudaron nas sesións ou plataforma:

1.- Actualización do Mercado laboral.

2.- A Iniciativa emprendedora como forma de acceso ao            .      mercado laboral

3.- Actualización do marco de referencia da Orientación    .              laboral

4.- Transversalidade uso TICs




1.- ACTUALIZACIÓN DO MERCADO LABORAL


Poidemos comprobar que o mercado estrúturase pola converxencia da oferta e a demanda.

Dos datos que nos aportou o ponente, deducimo que se caracteríza por pequenas empresas e, máis ben, vinculadas ao sector servizos.

É imposible coñecer o funcionamento do mercado de traballo, se non é a través do comportamento das ocupacións, para poder tomar decisións en relación ao obxetivo que se busque.

Actualmente séguese a estrutura do Código Nacional de Ocupacións ( CNO2011). Que veu dar solución a outras estruturas, adaptadas ás novas ocupacións e as súas evolucións.

Dedúcese que o mercado de traballo actual caracterízase por:

1.       Sector servizos.
2.       Incremento das pequenas empresas.
3.       Falta competencia coas empresas entre sí.
4.       Uso Robots.
5.       Necesidade adecuación cambios tecnolóxicos.
6.       Diminución sector agrario.
7.       Novas profesións.
8.       Aumento produción, redución postos traballo.
9.       Incremento presenza da muller en sectores profesionais.


2.- A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL.  


O ponente recalcounos que o impacto da creación de empresas no benestar e progreso social, é un feito obxetivo e constatable empíricamente.

Do informe GEM 2014 sobre emprendemento e creación de empresas puidemos deducir que a crise provocou unha reducción máis que significativa do emprendemento de 2008 a 2010. Presentousenos esta posibilidade para aportar datos da realidade económica.

Unha rápida conclusión que a actividade emprededora responde, máis ben, pola falta de traballo por conta allea que a unha disposición dos interesados-as a emprender.

Temos un perfil de emprendedor-a:  home 38 anos, estudios secundarios. Baixa a presenza feminina no emprendemento.

Segundo o CIS o 90% dos mozos-as descarta ser emprendedor.
Falouse da TEA (Taxa de Actividade Emprendedora) que é o cociente entre as persoas de 18 a 64 anos emprendedoras ou involucradas en actividades de emprendemento/ 18 a 64 anos.

Chegouse a conclusión que temos unha baixa tolerancia ao risco, e unha escasa capacidade de percepción de oportunidades.

Razóns polas que se explica a desmotivación para emprender:

1.- Pouca valoración social.
2.-Falta de ideas de negocio.
3.-Escasos coñecementos do sector.
4.-Falta formación específica para emprender.
5.-Problemas financiamento e burocracia.
6.-Medo ao fracaso.


O mercado de traballo é o ámbito no que empresas e traballadores negocian a cantidade de traballo a intercambiar e a que prezo (salario).

O equilibrio do mercado:




1.       Formación clásica. O mercado sabe alcanzar o equilibrio.
2.       Formación Keynesiana. O mercado non está en equilibrio= Paro

DÀ= C+I+G+ (X-M)  Funcionamento do mercado de traballo e rixidez de salarios.

Para ter referencias sobre o mercado de traballo elaboranse unha serie de taxas, que nos permiten ver a evolución e a tendencia del. Por parte do ponente se definiros as distintas taxas e como se calculan:

Taxas EPA:
1.       Taxa Actividade
2.       Taxa emprego.
3.       Taxa Paro.
4.       Taxa Dependencia

Analizamos os efectos do paro sobre:
A.- As persoas.
B.- As persoas ocupadas.
C.- Sobre o conxunto da economía

Por que  hai crise na economía española?:
1.- Basada en Pemes.
2.- Milagro español nos 12 anos anteriores a crise.
3.- Mercado co “efecto Esponxa”

Como elementos esenciais na creación de empresas podemos destacar:
A Idea (Qué?)     O Plan de Empresa  (Cómo?)     Motivos  (Quen, Por qué?)

Analizouse a creación de empresas de ECONOMÍA SOCIAL e os beneficios que presenta, e que podemos resumir en:
1.- Coidadosas co emprego en momentos de crise.
2.-Crean riqueza de forma sostible.
3.-Con arraigo no seu entorno.
4.- Desenvolven actividades en sectores socialmente necesarios.
5.-Contribúen á cohesión social.
6.-Contribúen á cohesión territorial

Precisaríamos outro modelo produtivo novo que se basease nas empresas tecnolóxicas, exportadoras, no autoemprego e creación de empresas.


Especial mención fixo o ponente sobre que é un MODELO DE NEGOCIO. Definíndoo como que é un modelo que describe as bases sobre as que unha empresa crea, proporciona e capta valor , segundo a definición dun autor (Osterwalder, 2011).

O modelo confeccionase nun diagrama denominado Lenzo CANVAS,  no que se responderá  a 4 preguntas básicas.

1.       Como. (Infraestruturas)
2.       Que. (Oferta)
3.       Quen. (Clientes)
4.       Finanzas. (Canto)

 












Estes 4 bloques descompóñense en 9 módulos sobre os que as persoas emprendedoras, deberán de formular preguntas e atopar respostas.

Como exemplo práctico nesta sesión eleborouse por grupos unha idea de negocio, na que se seguiu esta estrutura de cara a elaborar dito lenzo.





3.- ACTUALIZACIÓN DO MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL.  


Tratáronse temas  de:
A política de emprego é o conxunto de actuacións que toman os poderes públicos co obxetivo de alcanzar o pleno emprego, ou, cando menos, corrixir os principais desequilibrios do mercado de traballo.

1.- Políticas Activas.
2.- Políticas Pasivas.

Para acelerar a recuperación e a creación de emprego, a reforma do mercado de traballo precisa dunhas medidas urxentes adicionais ao fomento da contratación e a creación de emprego:

·         Reducción cotizacións.
·         Medidas para favorecer a contratación estable.
·         Medidas aplicables aos beneficiarios das prestacións por desemprego.
·         Garantía xuvenil.

Comentouse na sesión que a estratéxia Europea de emprego, proporciona un marco – o método aberto de coordinación MAC- que permite aos países compartir información e debater e coordinar as súas políticas de emprego.

Hai un paquete de medidas de emprego formado por:
1.- Directrices de emprego.
2.-Programas nacionais de reformas.
3.-Informe conxunto sobre o emprego-
4.-Recomendacións específicas para cada país.
5.-Evolución Social e de emprego en Europa.

A estratéxia 2020 márcase unha serie de obxetivos, entre os que podemos citar:  que o 75% das persoas entre os 20 e 64 anos estean empregadas; que se adique o 3% do PIB a I+D.

Prioridades da estratexia 2020 
1.       Crecemento intelixente.
2.       Crecemento sostible.
3.       Crecemento integrador



Houbo unha evolución histórica, de pensar que o orientador-a limitábase a unha simple intermediación, buscarlles traballo ás persoas que a eles acudían, a un aspecto.



A ORIENTACIÓN LABORAL comprende todas as actuacións de apoio na busca de emprego ás persoas beneficiarias. Segundo nos fixo fincapé a ponente.
Información- Orientación- Motivación- Asesoramento

                                                Orientador= Facilitador
                       
Nestes intres estamos nun mercado laboral caracterizado pola globalidade, moi dinámico e cada vez mais especializado. Polo que se precisa dunha intervención profesional que nos permita crear unhas estratéxias de intervención e que sexa o máis profesional posible.

Aquí é onde podemos englobar a actuación da Orientación Laboral ou do orientador-a laboral, dentro das políticas activas de emprego como un  elemento esencial de cara a conquerir os obxetivos.

Quedou claro, polas explicacións da ponente, que a Orientación Laboral non é só unha intervención puntual, se non máis ben, un proceso continuado de intervención ao longo da vida, onde se ofrece un servizo de guía, asesoramento, información sobre recursos actuais en materia formativa e sobre o mercado laboral. Tendo en conta que un dos obxetivos últimos é a mellora da empregabilidade das persoas.

Principios da orientación:
1.       Individualización
2.       Flexibilidade
3.       Desenvolvemento/busca autonomía

Estratéxias metodoloxía: 
1.       A entrevista.
2.       Sistema facilitador da inserción.
3.       Didáctica-Asesoramento-Centrada nos recursos.
4.       Busca de intinerarios.

Itinerario de inserción:
1.       Diagnose individualizada.
2.       Unha intervención orientador.
3.       Supervisión ou avaliación continua

Como práctica elaborouse, por equipos,  unha proposta de intervención de orientación laboral sobre un colectivo a elexir.





4.- TRANSVERSALIDADE USO TICs


Ao longo destas sesións fíxose práctica de ferramentas e técnicas na aplicación das TICs para a orientación e outros procesos. Participando en grupo, ou individual, nas tarefas encomendadas.  Creándose perfís en plataformas ou redes sociais, que implican unha actualización  e posta ao día destes procesos.
Twitter, Blog, Drive,  Plataforma Google +, etc.

Aproveitándose de recoller información que precisamos e ao mesmo tempo, elaborando nós outra información que lle poida ser útil a comunidade na que estamos inmersos.






Comentario xeral


O nivel de desemprego  nas cifras actuais, é inasumible para unha economía moderna. Débense de buscar solucións intelixentes para os vellos problemas. As reflexións sobre as estratéxias a seguir, deben de estar vinculados ao máis próximo para poder cambiar dita realidade.

A falta de formación, polo xeral, de desempregados-as, leva consigo unha dificultade añadida ao problema do desemprego. Débese de actuar, entre outros, nese aspecto se queremos mellorar as nosas taxas de actividade.

Os datos estudados e analizados permítennos ter unha visión máis obxetiva da realidade circundante. Iso implica que á hora de elaborar plans de intervención coas persoas, poidamos  circunscribilos nunha realidade máis próxima.

A importancia que ten hoxe en día o emprendemento como elemento de avance da economía, permítenos adicar esforzos nese campo de cara a potenciar ideas que se poidan levar a cabo por parte de novos emprendedores. Ainda que non debemos caer nun triunfalismo caníbal, que nos pode levar a non ter os pés na terra. Tampouco todos sirven para emprender. Débese de facer unha reflexión máis profunda dese tema.

Laboura destacada nestes campos poden ofertalas os orientadores-as que, como técnicos que son, ofrecen unha visión máis completa á hora de planificar e desenvolver outros plan máis específicos.


O uso das TIC vese, hoxe, moi necesarias para realizar unha boa laboura como orientador-a laboral. Para vellos problemas, novas solucións. En determinados ámbitos, sería inconcebible que non se usasen estas técnicas e ferramentas xa que, do contrario, estaríamos excluidos das novas tendencias do emprego. Estas sesións fainos ter unha visión máis complexa da realidade na que estamos inmersos e a importancia relevante que teñen.

Para saber máis:

Key Laboral Market. KILM
Instituto Galego das Cualificacións. IGC 
Servizo Público de Empreo Estatal  SEPE
Servizo Público de Emprego de Galicia.  SPEG
Blog IGAPE-BIC Galicia.
Confederación de empresarios de Lugo. CEL


@pecodo4

No hay comentarios:

Publicar un comentario