lunes, 18 de julio de 2016

REFLEXIÓNS SOBRE AS ESTRATEXIAS DE ORIENTACIÓN LABORAL

SESIÓN PRESENCIAL: ESTRATEXIAS DE ORIENTACIÓN LABORAL (09/07/2016)

Durante a sesión presencial do nove de xullo con Mª Teresa Deus Trasovares, traballamos a estratexias de orientación laboral a través de catro puntos:

1.- A Orientación laboral e a súa importancia dentro das políticas activas de emprego
2.- O traballo do/a Orientador laboral cos distintos colectivos
3.- Atención individualizada aos usuarios
4.- Estratéxias de orientación. Accións Grupais.

1.- A ORIENTACIÓN LABORAL E A SÚA IMPORTANCIA DENTRO DAS POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO


Á vista da crise que estamos a pasar, cada día vese que o emprego é un valor moi apreciado. Os cambios que se producen nas sociedades son significativos, polo que, a búsqueda de emprego, a consecución e o mantemento del, considerase un proceso ao longo da vida e para o que debemos de estar entrenados-as. 

As administracións e entidades públicas deben de garantir a igualdade de oportunidades e que o acceso aos servizos e prestacións públicas cheguen a todas aquelas persoas que asi o demanden, e teñan dereito. 
Por desgraza, non todo o mundo ten un acceso universal a dita información e a aqueles procesos que lle permitan unha autonomía persoal e laboral, ou ben a información que lle chega é insuficiente para encarar un proceso nesa faceta que lle sexa efectivo, ou ben por falta de formación, información, desidia, etc. 

Precísase, polo tanto, a intervención das administracións para garantir ese acceso universal a información e as prestacións. Para elo conta coas políticas de emprego. 

Definición de políticas de emprego 

Na ponencia fíxose referencia a definición das POLÍTICAS DE EMPREGO: “ o conxunto de servizos, programas, e medias que deben procurar un equilibrio entre a oferta e a demanda de emprego”. Son as súas ferramenta: a xestión da colocación, a orientación laboral, a formación para o emprego, os estímulos á contratación, o fomento do emprego e as prestacións contributivas ou non polo desemprego. 

Quedou claro a división que se acepta delas :


    • Políticas Pasivas. Que axudan a supervivencia económica das persoas en situación de desemprego con prestacións públicas.
    • Políticas Activas. Destiñadas a activar eficazmente ás persoas ante o mercado de traballo.
    Situación actual 

    Viuse a importancia das políticas activas de emprego polo que constitúen un instrumento esencial para previr o desemprego, e que o funcionamento dos mercados de traballo sexan máis eficientes. Deberían de ter como obxetivos, entre outros,:

      • Informar e orientar cara a busca activa de emprego. 
      • Fomentar o autoemprego, a economía social, e o desenvolvemento de pequenas e medianas empresas. 
      • Promover políticas destiñadas a inserción laboral de persoas en situación de risco de exclusión social. 
      • Promover a creación de actividade que xere emprego. 

            Nestes intres estamos nun mercado laboral caracterizado pola globalidade, moi dinámico e cada vez mais especializado. Polo que se precisa dunha intervención profesional que nos permita crear unhas estratéxias de intervención e que sexa o máis profesional posible. 

            Aquí é onde podemos englobar a actuación da Orientación Laboral ou do orientador-a laboral, dentro das políticas activas de emprego como un elemento esencial de cara a conquerir os obxetivos. 
            A ponente matizou en varias ocasións que a Orientación Laboral non é só unha intervención puntual, se non máis ben, un proceso continuado de intervención ao longo da vida, onde se ofrece un servizo de guía, asesoramento, información sobre recursos actuais en materia formativa e sobre o mercado laboral. Tendo en conta que un dos obxetivos últimos é a mellora da empregabilidade das persoas. Facendo fincapé a gran importancia desta afirmación.

            Dende un ponto de vista histórico unha persoa entraba a formar parte dunha empresa, e o máis probable, e que se xubilara nela.
            Hoxe en día, e como se comentou antes, vivimos nun mercado laboral cambiante e globalizado, onde se fomenta a flexibilidade no posto de traballo e a especialidade do mesmo. 

            Polo que se viu que se fai máis preciso que exista unha área específica que axude aos usuarios-as a coñecer o dinamismo e as necesidades reais do mercado laboral actual, e que dende os servizos de orientación laboral se lle pode ofrecer. 

            Podíamos resaltar 3 áreas nas que se centra a Orientación: 

            • Fase de CAPTACIÓN e acceso ao servizo de orientación. 
            • Fase de INTERVENCIÓN. 
            • Fase de FINALIZACIÓN E AVALIACIÓN 

            Fíxose unha breve descrición dos destinatarios-as, a nivel xeral, da orientación laboral, que serían todas aquelas persoas que ben se atopen en situación de desemprego e queiran incorporarse ao mercado laboral, ou que estean en situación de ocupados-as e queiran mellorar esa situación. 

            Facendo mención explícita a determinados colectivos que pola súa especificidade, terían plans ou proxectos especiais de intervención: persoas con discapacidade, minorías étnicas, demandantes de emprego de longa duración, etc. 

            Seguindo os criterios da Unión Europea, en canto as estratéxias marcadas nas súas políticas de emprego, indícase  que o seu deseño e modelo de xestión deben de ter en conta a súa dimensión local para así poder axustar ditas políticas ás necesidades do territorio, de maneira que favorezan e apoien as iniciativas de xeración de emprego no ámbito local. 

            Neste punto temos que decir, que dende a orientación laboral, preténdese un achegamento á persoa tendo en conta a súa realidade máis próxima e a do mercado de traballo. Para elo, debe de coñecerse a realidae socio-económica que o rodea e profundizar naquelas estratéxias máis axeitada dacordo co entorno. Unha das grandes reflexións da que se falou foi da grande necesidade da prospección de empresas para ter datos fiables á hora de establecer plans.

            Faise preciso, polo tanto, mirar as necesidades das empresas do ámbito de actuación en canto ao persoal que demandan e as características destes, para así, poder desenvolver itinerarios axustados ao seu entorno. 

            En conclusión, podemos afirmar, que a Orientación Laboral (orientador-a laboral) xoga un papel esencial no desenvolvemento das políticas activas de emprego, polo seu achegamento aos usuarios-as diana destas políticas e por coñecer a realidade socioeconómica do entorno, que lle vai permitir aconsellar e tomar aquelas decisións máis axeitadas aos intenvintes no proceso, detectando aqueles procesos de emprendemento que se poidan dar.


            2.- O TRABALLO DO/A ORIENTADOR/A LABORAL COS DISTINTOS COLECTIVOS

            No transcurso da sesión presencial do nove de xullo analizáronse os distintos colectivos con maiores dificultades de inserción, as súa características e necesidade de adaptar os recursos e procesos na súa busca de emprego.


            Os colectivos máis afectados polo desemprego son as persoas mozas principalmente aquelas con menor formación, as mulleres, as persoas paradas de longa duración e as persoa maiores de 45 anos.

            • Mozos/as con baixa cualificación: debido a que cada vez son máis as empresas que solicitan man de obra cualificada.
            • Mulleres: principalmente porque siguen sendo na súa maioría as responsables das labores familiares e do fogar, xunto co factor da maternidade.
            • Desempleados/as de longa duración: as empresas danlle prioridade ás candidaturas con experiencias máis recentes e preferentemente no mesmo tipo de actividade.


            Outros colectivos con dificultades de inserción son as persoas con responsabilidades familiares, as persoas con discapaciade ou en risco de exclusión social e as persoas inmigrantes.



            Dende a orientación laboral debemos ter moi presente con que colectivos estamos a traballlar, as súas dificultades específicas e persoais, optimizando os seus puntos fortes e reforzando os puntos máis débiles, adaptando os recursos ás súas necesidades. 

            Neste punto as intervencións do alumando presente na sesión referíronse a:

            • Dificultade de adaptar a esixencias das empresas ás posibilidades de compatibilizar vida persoal e laboral, transporte ou adaptación ao posto de traballo das persoas usuarias do servizo.
            • Así mesmo coincídese en que é necesario unha labor de prospección previa na que se crean lazos coas empresas flexibilizando as posibilidades de acceso ao empergo.
            • Sinalouse nesta liña a importancia de coñecer ben as/os usuairas/os e as súas perspectivas e posibilidades para o emprego, así como a necesidade de sacar á luz o currículo oculto das/os usuarias/os.

            Neste marco a figura do/a orientador/a postúlase como a de FACILITADOR/A DE INSERCIÓN, asesorando á persoa na planificación da súa busca, así como a través de accións de intermediación, motivación para a busca activa ou o adestramento en habilidades para o emprego. Non esquezamos que a labor do/a orientador/a é a de axudar a conseguir emprego, non é unha labor terapéutica. 

            3.- ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA AOS USUARIOS/AS

            Durante a sesión do nove de xullo tamén se nalizaron as estratexias de orientación individual, chegan á conclusión de que o traballo do orientador/a laboral cando se atopa frente à persoa que debe asesorar, informar e orientar, debe iniciarse cun diálogo no que se recolle información sobre a súa traxectoria formativa, na que se inclúe a formación regrada e a non formal, e a traxectoria laboral, tanto aquela que pode acreditar con contratos, como aquela na que posúe unha experiencia profesional.

            Dirixiremos a conversa cara os datos e intereses que precisamos para elaborar o seu perfil profesional e detectar o seu curículum oculto, que moitas veces non é fácil aflorar, sería de gran utilidade realizar un DAFO persoal do usuario /a. 


            Debemos coñecer os seus hábitos e coñecementos, e por suposto a situación social e características persoais, xa que isto vai determinar as estratexias que imos a deseñar e poñer en marcha para acadar os seus obxectivos individuais e profesionais, e o que nos vai a dar información sobre a posible derivación dalgún servizo de orientación específico dependendo do colectivo ao que pertenza a persoa coa que estamos traballando.

            Unha vez que configuramos e valoramos o seu perfil, fixamos o seu obxectivo profesional ou intereses laborais, utilizando o recurso do Observatorio de la ocupaciones del SEPE e do Instituto Galego das Cualificacións que nos axuda para indicar algunha acción concreta coa que iniciar o seu propio itinerario persoal.

            En todo momento debemos conseguir gañar a confianza do usuario/a, facilitando que pensen por si mesmos e que perciban de maneira global a súa traxectoria.


            4.- ESTRATÉXIAS DE ORIENTACIÓN. ACCIÓN GRUPAIS.

            Outro tema que se analizou na sesión foi o das estratexias de acción grupais. As accións grupais defínense como como pequenos grupos donde os usuarios, conocen, practican e manexan instrumentos necesarios para facer unha búsqueda activa de emprego planificada, ademáis de desarrollar habilidades concretas.

            Entre accións básicas que máis se traballan citaronse as seguintes :

            Búsqueda de emprego a través de Internet
            • Correo electrónico
            • Buscadores e portais de emprego
            • Redes sociais, páxinas web
            • Servicios y alertas
            Vías de acceso al empleo
            • Emprego público
            • Bolsas de traballo
            • Medios de comunicación
            • Autocandidatura
            • Rede de contactos
            Aspectos personais
            • Habilidades sociais
            • Habilidades de comunicación
            • Competencias personais e profesionais
            • Motivación e toma de decisións
            Identificación de alternativas profesionais
            • Balance profesional : Autoconocimiento persoal e profesional
            • Conocimiento do mercado de traballo
            • Establecer obxectivos profesionais
            Información general de autoempleo
            • Factores de decisión
            • Aspectos básicos dun plan de emprego
            • Aspectos xurídicos e tramites iniciais para constitución dunha empresa
            Ferramentas para a búsqueda de emprego e Busca activa
            • Carta de presentación, CV, axenda de búsqueda etc
            • Coñecer tódalas actividades que se poden realizar nun proceso de selección
            • Estratexias para enfrentarse a un proceso de selección
            • Reclutamiento de candidatos
            • Entrevista


            5.-REFLEXIÓNS SOBRE A SESIÓN PRESENCIAL

              O intercambio de experiencias realizado nesta sesión permite chegar a unha serie de conclusións:

              • Dende o servizo de orientación débese prestar unha atención de calidade, evitando o descontento dos/as usuarios/as.
              • Especiais dificultades de acceso ao emprego de determinados colectivos nun mercado laboral como o actual.
              • Un dos factores que inciden na desmotivación da poboación usuaria dos servizos de orientación é o continuo cambio de persoal. postulase a necesidade de ter un/unha ORIENTADOR/A DE CABECEIRA.
              • Necesidade de sacar á luz o currículo oculto e posta en valor das competencias para o emprego das persoas usuarias do servizo.
              • Recoñecemento do valor engadido da labor de prospección á hora de realizar un servizo de orientación de laboral.
              • A falta de motivación para o emprego é consecuencia das políticas sociais. Dende esta óptica debemos ter en conta que hai certos colectivos de difícil inserción debido a problemáticas subxacentes que non se poden traballar dende os servizos de orientación.
              • O fraude no emprego estase a analizar dende a perspectiva da persoa perceptora de prestacións, pero non se está facendo este seguimento dende as empresas.


            No hay comentarios:

            Publicar un comentario