COMENTARIO RESUME MÓDULO I
Este é un pequeno
resumo dos temas estudados no módulo I, tanto nas sesións presenciais, como na
documentación da plataforma do curso ponte para obter o título de Posgrao de
Especialización en Orientación Laboral - Edición 2016.
Ponentes:
María Teresa Deus Trasobares. Linkedin
Fernando Agulló Leal. Linkedin
Carlos Parada Gandos. Linkedin
Ponentes:
María Teresa Deus Trasobares. Linkedin
Fernando Agulló Leal. Linkedin
Carlos Parada Gandos. Linkedin
Epígrafes que se estudaron nas sesións ou
plataforma:
1.- Actualización do Mercado laboral.
2.- A Iniciativa emprendedora como forma de acceso ao . mercado laboral
3.- Actualización do marco de referencia da Orientación . laboral
4.- Transversalidade uso TICs
1.- ACTUALIZACIÓN DO MERCADO LABORAL
Poidemos
comprobar que o mercado estrúturase pola converxencia da oferta e a demanda.
Dos datos que nos aportou o ponente, deducimo que se caracteríza por pequenas empresas e, máis ben, vinculadas ao sector servizos.
É imposible
coñecer o funcionamento do mercado de traballo, se non é a través do
comportamento das ocupacións, para poder tomar decisións en relación ao
obxetivo que se busque.
Actualmente
séguese a estrutura do Código Nacional de Ocupacións ( CNO2011). Que veu dar
solución a outras estruturas, adaptadas ás novas ocupacións e as súas
evolucións.
Dedúcese
que o mercado de traballo actual
caracterízase por:
1.
Sector
servizos.
2.
Incremento
das pequenas empresas.
3.
Falta
competencia coas empresas entre sí.
4.
Uso
Robots.
5.
Necesidade
adecuación cambios tecnolóxicos.
6.
Diminución
sector agrario.
7.
Novas
profesións.
8.
Aumento
produción, redución postos traballo.
9.
Incremento
presenza da muller en sectores profesionais.
2.- A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL.
O ponente recalcounos que o impacto
da creación de empresas no benestar e progreso social, é un feito obxetivo e
constatable empíricamente.
Do informe GEM 2014 sobre emprendemento e creación
de empresas puidemos deducir que a crise provocou unha reducción máis que
significativa do emprendemento de 2008 a 2010. Presentousenos esta posibilidade para aportar datos da realidade económica.
Unha rápida conclusión que a actividade emprededora responde, máis ben, pola falta de traballo por conta
allea que a unha disposición dos interesados-as a emprender.
Temos un
perfil de emprendedor-a: home 38 anos,
estudios secundarios. Baixa a presenza feminina no emprendemento.
Segundo o
CIS o 90% dos mozos-as descarta ser emprendedor.
Falouse da
TEA (Taxa de Actividade Emprendedora) que é o cociente entre as persoas de 18 a
64 anos emprendedoras ou involucradas en actividades de emprendemento/ 18 a 64
anos.
Chegouse a
conclusión que temos unha baixa tolerancia ao risco, e unha escasa capacidade
de percepción de oportunidades.
Razóns
polas que se explica a desmotivación para emprender:
1.- Pouca valoración social.
2.-Falta de ideas de negocio.
3.-Escasos coñecementos do sector.
4.-Falta formación específica para emprender.
5.-Problemas financiamento e burocracia.
6.-Medo ao fracaso.
O mercado
de traballo é o ámbito no que empresas e traballadores negocian a cantidade de
traballo a intercambiar e a que prezo (salario).
O equilibrio
do mercado:
1.
Formación
clásica. O mercado sabe alcanzar o equilibrio.
2.
Formación
Keynesiana. O mercado non está en equilibrio= Paro
DÀ=
C+I+G+ (X-M) Funcionamento do mercado de
traballo e rixidez de salarios.
Para ter
referencias sobre o mercado de traballo elaboranse unha serie de taxas, que nos
permiten ver a evolución e a tendencia del. Por parte do ponente se definiros as distintas taxas e como se calculan:
Taxas EPA:
1.
Taxa
Actividade
2.
Taxa
emprego.
3.
Taxa
Paro.
4.
Taxa
Dependencia
Analizamos
os efectos do paro sobre:
A.- As persoas.
B.- As persoas ocupadas.
C.- Sobre o conxunto da economía
Por que hai crise na economía española?:
1.- Basada en Pemes.
2.- Milagro español nos 12 anos anteriores a
crise.
3.- Mercado co “efecto Esponxa”
Como elementos
esenciais na creación de empresas podemos destacar:
A Idea
(Qué?) O Plan de Empresa (Cómo?)
Motivos (Quen, Por qué?)
Analizouse
a creación de empresas de ECONOMÍA SOCIAL e os beneficios que presenta, e que
podemos resumir en:
1.- Coidadosas co emprego en momentos de
crise.
2.-Crean riqueza de forma sostible.
3.-Con arraigo no seu entorno.
4.- Desenvolven actividades en sectores
socialmente necesarios.
5.-Contribúen á cohesión social.
6.-Contribúen á cohesión territorial
Precisaríamos
outro modelo produtivo novo que se basease nas empresas tecnolóxicas,
exportadoras, no autoemprego e creación de empresas.
Especial mención fixo o ponente sobre que é un MODELO DE NEGOCIO. Definíndoo como que é un modelo que
describe as bases sobre as que unha empresa crea, proporciona e capta valor , segundo
a definición dun autor (Osterwalder, 2011).
O modelo
confeccionase nun diagrama denominado Lenzo
CANVAS, no que se responderá a 4 preguntas básicas.
1.
Como.
(Infraestruturas)
2.
Que.
(Oferta)
3.
Quen.
(Clientes)
4.
Finanzas.
(Canto)
Estes 4
bloques descompóñense en 9 módulos sobre os que as persoas emprendedoras,
deberán de formular preguntas e atopar respostas.
Como
exemplo práctico nesta sesión eleborouse por grupos unha idea de negocio, na
que se seguiu esta estrutura de cara a elaborar dito lenzo.
3.- ACTUALIZACIÓN DO MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL.
Tratáronse
temas de:
A política de emprego é o conxunto de
actuacións que toman os poderes públicos co obxetivo de alcanzar o pleno
emprego, ou, cando menos, corrixir os principais desequilibrios do mercado de
traballo.
1.- Políticas Activas.
2.- Políticas Pasivas.
Para
acelerar a recuperación e a creación de emprego, a reforma do mercado de
traballo precisa dunhas medidas urxentes adicionais ao fomento da contratación
e a creación de emprego:
·
Reducción
cotizacións.
·
Medidas
para favorecer a contratación estable.
·
Medidas
aplicables aos beneficiarios das prestacións por desemprego.
·
Garantía
xuvenil.
Comentouse na sesión que a estratéxia Europea de emprego, proporciona un marco – o método aberto de
coordinación MAC- que permite aos países compartir información e debater e
coordinar as súas políticas de emprego.
Hai un
paquete de medidas de emprego formado por:
1.- Directrices de emprego.
2.-Programas nacionais de reformas.
3.-Informe conxunto sobre o emprego-
4.-Recomendacións específicas para cada país.
5.-Evolución Social e de emprego en Europa.
A
estratéxia 2020 márcase unha serie de obxetivos, entre os que podemos
citar: que o 75% das persoas entre os 20
e 64 anos estean empregadas; que se adique o 3% do PIB a I+D.
Prioridades
da estratexia 2020
1.
Crecemento
intelixente.
2.
Crecemento
sostible.
3.
Crecemento
integrador
Houbo unha
evolución histórica, de pensar que o orientador-a limitábase a unha simple
intermediación, buscarlles traballo ás persoas que a eles acudían, a un aspecto.
A
ORIENTACIÓN LABORAL comprende todas as actuacións de apoio na busca de emprego
ás persoas beneficiarias. Segundo nos fixo fincapé a ponente.
Información-
Orientación- Motivación- Asesoramento
Orientador= Facilitador
Nestes intres estamos nun
mercado laboral caracterizado pola globalidade, moi dinámico e cada vez mais
especializado. Polo que se precisa dunha intervención profesional que nos
permita crear unhas estratéxias de intervención e que sexa o máis profesional
posible.
Aquí é onde podemos englobar
a actuación da Orientación Laboral ou do orientador-a laboral, dentro das
políticas activas de emprego como un
elemento esencial de cara a conquerir os obxetivos.
Quedou claro, polas explicacións da ponente, que a
Orientación Laboral non é só unha intervención puntual, se non máis ben, un
proceso continuado de intervención ao longo da vida, onde se ofrece un servizo
de guía, asesoramento, información sobre recursos actuais en materia formativa
e sobre o mercado laboral. Tendo en conta que un dos obxetivos últimos é a
mellora da empregabilidade das
persoas.
Principios
da orientación:
1.
Individualización
2.
Flexibilidade
3.
Desenvolvemento/busca
autonomía
Estratéxias
metodoloxía:
1.
A
entrevista.
2.
Sistema
facilitador da inserción.
3.
Didáctica-Asesoramento-Centrada
nos recursos.
4.
Busca de
intinerarios.
Itinerario
de inserción:
1.
Diagnose
individualizada.
2.
Unha
intervención orientador.
3.
Supervisión
ou avaliación continua
Como
práctica elaborouse, por equipos, unha
proposta de intervención de orientación laboral sobre un colectivo a elexir.
Ao longo
destas sesións fíxose práctica de ferramentas e técnicas na aplicación das TICs
para a orientación e outros procesos. Participando en grupo, ou individual, nas
tarefas encomendadas. Creándose perfís
en plataformas ou redes sociais, que implican unha actualización e posta ao día destes procesos.
Twitter, Blog, Drive,
Plataforma Google +, etc.
Aproveitándose
de recoller información que precisamos e ao mesmo tempo, elaborando nós outra
información que lle poida ser útil a comunidade na que estamos inmersos.
Comentario xeral
O nivel de
desemprego nas cifras actuais, é
inasumible para unha economía moderna. Débense de buscar solucións intelixentes
para os vellos problemas. As reflexións sobre as estratéxias a seguir, deben de
estar vinculados ao máis próximo para poder cambiar dita realidade.
A falta de
formación, polo xeral, de desempregados-as, leva consigo unha dificultade
añadida ao problema do desemprego. Débese de actuar, entre outros, nese aspecto
se queremos mellorar as nosas taxas de actividade.
Os datos
estudados e analizados permítennos ter unha visión máis obxetiva da realidade
circundante. Iso implica que á hora de elaborar plans de intervención coas
persoas, poidamos circunscribilos nunha
realidade máis próxima.
A
importancia que ten hoxe en día o emprendemento como elemento de avance da
economía, permítenos adicar esforzos nese campo de cara a potenciar ideas que
se poidan levar a cabo por parte de novos emprendedores. Ainda que non debemos
caer nun triunfalismo caníbal, que nos pode levar a non ter os pés na terra.
Tampouco todos sirven para emprender. Débese de facer unha reflexión máis
profunda dese tema.
Laboura
destacada nestes campos poden ofertalas os orientadores-as que, como técnicos que
son, ofrecen unha visión máis completa á hora de planificar e desenvolver
outros plan máis específicos.
O uso das
TIC vese, hoxe, moi necesarias para realizar unha boa laboura como orientador-a
laboral. Para vellos problemas, novas solucións. En determinados ámbitos, sería
inconcebible que non se usasen estas técnicas e ferramentas xa que, do contrario,
estaríamos excluidos das novas tendencias do emprego. Estas sesións fainos ter
unha visión máis complexa da realidade na que estamos inmersos e a importancia
relevante que teñen.
Para saber máis:
Key Laboral Market. KILM
Instituto Galego das Cualificacións. IGC
Servizo Público de Empreo Estatal SEPE
Servizo Público de Emprego de Galicia. SPEG
Blog IGAPE-BIC Galicia.
Confederación de empresarios de Lugo. CEL
@pecodo4
Para saber máis:
Key Laboral Market. KILM
Instituto Galego das Cualificacións. IGC
Servizo Público de Empreo Estatal SEPE
Servizo Público de Emprego de Galicia. SPEG
Blog IGAPE-BIC Galicia.
Confederación de empresarios de Lugo. CEL
@pecodo4