Mostrando entradas con la etiqueta emprendemento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emprendemento. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de julio de 2016

Reflexión individual módulo I. María Luisa Vilariño Val

REFLEXIÓNS SOBRE O MÓDULO I: MARCO CONCEPTUAL


Neste módulo estudamos tres áreas relacionadas co emprego.

O MERCADO LABORAL NA ACTUALIDADE

Neste tema estudamos os elementos e os indicadores do mercado de traballo. O desemprego e a normativa actual reguladora do emprego e das situacións de paro. E por último os instrumentos e as ferramentas para o estudo do mercado laboral e os modelos de emprego.

Como sabemos a situación económica do noso país deteriorouse considerablemente nos últimos anos. Un dos efectos máis desvastadores desta crise afectou ó mercado laboral a causa do modelo productivo que esiste. É importante destacar que a crise económica actual non ten un orixe laboral, pero sí ten grandes repercusións nel.

 
Fuente: el País.

Calquera tipo de mercado estructúrase sempre pola converxencia de dous feitos : a oferta e a demanda. A súa evolución é o resultado de dúas variables : a oferta de traballo e a demanda de traballo.

O mercado de traballo está cambiando, tende á súa profesionalización, e as competencias, que as empresas demandan dos seus traballadores, aumentan.

 

 A INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO FORMA DE ACCESO AO MERCADO LABORAL

Trala crise de 2008 produciuse un retroceso moi importante na actividade emprendedora. Tendo en conta que este país ten unha cultura pouco emprendedora, no ano 2011, ante a falta de traballo por conta allea, rexurde o emprendemento. A este respeto hai que dicir que esta tendencia unida ao peche constante de empresas acaba nun tecido empresarial fráxil e pouco competitivo.

Pero por outra banda o espiritu emprendedor é fundamental para a creación de emprego, riqueza e benestar social. Necesítase outra estructura empesarial que conforme un novo tecido de empresas tecnolóxicas, exportadoras con demandas de traballo con maior cualificación e menos sensibles ás flutuacións do mercado.

Un elemento esencial no espiritu emprendedor e a elaboración dun bo Plan de Empresa.

O plan de empresa é un documento onde o emprendedor lle da forma á súa idea, reflexiona e plasma as   cuestións máis importantes para a posta en marcha e funcionamiento do su proxecto empresarial.

Como novedoso nesta temática hai que destacar unha ferramenta cualitativa proposta, por Alexander Osterwalder, para confeccionar deseños empresariais, denominada “ Modelo CANVAS”.

O modelo CANVAS permite, a partir da idea, confeccionar modelos propios de desenvolvemento do negocio e validar as súas posibilidades de éxito.


A ACTUALIZACIÓN DO MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL

Neste tema faise referencia ao Sistema Nacional de Emprego : SEPE e SPEG, ao marco actual da política de emprego en España e á política de emprego en Europa.

Nesta reflexión destaco a orientación laboral como política activa de emprego fundamental, pois comprende tódalas actuacións de apoio na búsqueda de emprego. O obxectivo da orientación laboral é a inserción e o mantemento das persoas no mercado de traballo en función das súas necesidades e intereses; así como a promoción e a mellora profesional co desenvolvemento persoal a través do ámbito sociolaboral dos individuos.

 



Para saber mais


E para os que teñan dominio da lingua inglesa:

Reflexion persoal

 Como reflexión personal, entendo que as TICS, na actualidade son de gran utilidade e imprescindibles para o exercicio da profesión. Aumentan as posibilidades de ofrecer información e asesoramento.

Este bloque aporta unha serie de coñecemento innovador e o mesmo tempo ofrece un repaso dos conceptos básicos e esencias para o coñecemento do funcionamento do mercado laboral.

E por último dicir a importancia de compartir as experiencias profesionais e traballo en grupo.

 

 


lunes, 18 de julio de 2016

Reflexión Individual Módulo 1 Juan Ramón Angueira



- MERCADO LABORAL 

Este resumo comeza co marco conceptual da orientación laboral, facendo referencia ao mercado traballo, a oferta e a demanda de traballlo, que determinarán o equilibrio no mesmo, e diferenciando entre dúas escolas que son a clásica e os keynesianos.

Outros conceptos que debemos destacar son: 

Os indicadores do mercado laboral: Activos, Ocupados, Parados, Inactivos.

 As taxas segundo a EPA:Taxa de actividade, Taxa de paro, Taxa de emprego.

Tipos de paro: Estructural, Friccional, Cíclico, Estacional; e os seus efectos sobre as persoas paradas, sobre as persoas ocupadas e sobre a economía.

Para coñecer o mercado laboral actual analizamos os xacementos de emprego, que segundo a Comisión Europea se atopan nos servizos da vida cotiá, servizos de mellora da calidade de vida, servizo de lecer e servizos medio ambientais, etc.

As ocupacións ocupan un lugar moi destacado, de feito existen observatorios ocupacionais no ámbito autonómico, estatal e da Unión europea.

Unha actividade, que cada vez adquire máis relevancia dentro dos servizos de orientación laboral,  e a prospección do mercado de traballo, xa que nos permite analizar o mercado laboral e dispoñer de previsións das necesidades de recursos humanos das empresas e así adaptar as políticas de emprego.

Xunto co estudo de prospección de empregos realízase a identificación de empresas, a análise do posto de traballo e identificación das entidades participantes.


- INICIATIVA EMPRENDEDORA COMO ACCESO AO MERCADO LABORAL

 Merece unha especial mención a iniciativa emprendedora, porque é unha importante fonte de creación de emprego e débese fomentar o espírito emprendedor, aínda que no noso país se atopa con numerosas dificultades.

Tamén ten a súa parte positiva xa que crea emprego, riqueza e benestar social, aumenta a competitividade, destacando as empresas de Economía Social nas que prima a persoa frente ao capital, a distribución de resultados faise con criterios, e os socios son xestores e traballadores. http://www.emprendedores.es/

Os elementos esencias no proceso de creación de empresas son:
- A idea, que actividade emprender?
- A persoa emprendora, quen? e porque?
- O plan de empresa, como?

Os manancias da idea para emprender poden xurdir da innovación técnica, a innovación comercial ou a innovación organizativa.

Para o modelo de negocio ou deseño empresarial utilízase un método moi novedoso e actual: o modelo CANVAS, deseñado por Alexander Osterwalder e que reponde a 4 preguntas básicas:
- Como (infraestructura)
- Que (oferta)
- Quen (clientes)
- Canto (finanzas)

Este diagrama ten 9 puntos claves:
1. Segmentos de mercado
2. Proposta de valor
3. Canles
4. Relación co cliente
5. Fontes de ingresos
6. Recursos clave
7. Actividade clave
8. Aliados clave
9. Estrutura de custos






Todo emprendedor/ra debe estar motivado, ter confianza en si mesmo, estar orientado cara a xente, tomardor de riscos e que coñeza o sector.

O aspecto máis importante no emprendemento, será elaborar o Plan de empresa, necesario para dar foma á idea, plasmando as cuestións máis importante e significativas para a posta en marcha da empresa e que consta dunha introdución, un estudo de mercado, un plan comercial, un plan de organización e recursos humanos, aspectos legais, estudo económico-financeiro, conclusións, resumos executivo e anexos.

Formará parte dos trablallos dos orientadores laborais asesoar as novos emprendedores no proceso de creación de empresas coñecendo o proxecto, titorando o plan de empresa, reflexionando co emprendedor, facilitarlle o acceso a fontes de información, recomendando accións formativas e incluso recomendar os servizos doutros profesionais.



- MARCO DE REFERENCIA DA ORIENTACIÓN LABORAL 

 Rematamos este bloque co marco de referencia da orientación laboral, empezando polo Sistema nacional de emprego, o Servizo público de emprego estatal e o Servizo público de emprego de Galicia, recollendo a súa estructura, destinatarios e competencias; as políticas de emprego en España (políticas activas e políticas pasivas), as medidas urxentes adicionais de fomento da contatación e a creación de emprego, contrato indefinido para as persoas inscritas no Sistema nacional de Garantía Xuvenil, a Estratexia de emprendemento e emprego novo 2013-2016, as medidas introducidas en prestacións por desemprego e a política de emprego en Europa.

VÍDEO
 


- PARA SABER MÁIS

Sobre temas relacionados co mercado de laboral en España e en Galicia:

Servicio Público de Empleo Estatal


Consellería de Economía, emprego e industria


 Servizo público de emprego de Galicia



Sobre temas relacionados co emprendemento:

Instituto Galego de promoción económica


REFLEXIÓN PERSOAL

Este módulo 1 doume a posibilidade de adquirir novos coñecementos relacionados co ámbito do emprendemento empresarial, destacando o módelo CANVAS, que considero nos pode ser de moita utilidade á hora de asesorar aos nosos usuarios cando decidan dar os seus primeiros pasos no mundo empresarial.

Por outra banda, descubrín novas ferramentas no ámbito dixital que de seguro vou a poñer en funcionamento no meu traballo diario, xa que considero que van facilitar o desempeño do mesmo e tamén serán beneficiosas para todas aquelas persoas que acudan ao servizo de orientación laboral.

Dentro do programa do curso resultan moi útiles as sesións presencias e as accións grupais, que nos permiten compartir coñecementos e coñecer os puntos de vista e experiencias, profesionais e persoais dos nosos compañeiros/as, obtendo unha visión diferente da que ao mellor tiñamos ata o momento dun determinado tema.



viernes, 15 de julio de 2016

REFLEXIÓN INDIVIDUAL MÓDULO 1. MARCO CONCEPTUAL. PURIFICACIÓN PÉREZ

CURSO PONTE POSGRAO EN ORIENTACIÓN LABORAL

O primeiro módulo deste curso ponte analiza o marco conceptual a través do Mercado laboral, a Iniciativa emprendedora e o Marco de referencia.


MERCADO LABORAL


No primeiro tema deste módulo analizamos o marco conceptual do mercado laboral no que o Traballo é considerado un factor produtivo. Neste mercado os taballadores ofrecen a súa forza de traballo (Oferta de traballo composta pola poboación activa) a cambio de un salario. En función do elevado que sexa o salario, a Demanda de traballadores por parte das empresas será menor, existe unha relación inversa entre demanda e salario. O equilibrio do mercado laboral sitúase no punto en que se cruzan a oferta e a demanda.

Estudamos dúas das principais correntes que tratan de explicar o comportamento do mercado laboral: Clásica e a Keynesiana. A primeira defende que o mercado está sempre en situación de pleno emprego, que para conseguilo só é necesario baixar os salarios. A teoría Keynesiana explica que pode existir paro debido a que os salarios son ríxidos á baixa, polo que para aumentar a demanda é necesario aumentar a demanda de productos (demanda agregada).



Neste primeiro tema tamén pudemos analizar os indicadores do mercado de traballo:

  • EPA (enquisa de poboación activa) vs Paro rexistrado
  • Poboación activa: traballadores/as ocupados/as + Poboación desempregada
  • Poboación ocupada
  • Poboación desempregada
  • Poboación inactiva
  • Taxas de: paro, de actividade, de emprego ou de dependencia.

Vimos os tipos de desemprego:

  • Estructural
  • Friccional
  • Cíclico
  • Estacional
E os seus efectos sobre as persoas desempregadas (económicos e psicolóxicos) e ocupadas, así como sobre a economía.


Outro dos puntos que pudiemos ver ao longo deste primeiro tema, foi o Mercado laboral actual, a importancia do seu coñecemento á hora de fixar unha obxectivo e unha estratexia de busca. Dende esta óptica non debemos perder de vista temas como:
  • Normativa
  • Comportamento das ocupacións
  • Novos xacementos de emprego (máis información)
  • Perfís ocupacionais da oferta de emprego
Comprendemos a importancia da clasificación ocupacional en materia de emprego e a a necesidade de adaptar o sistema de clasificación á realidade actual, recollendo as novas ocupación que van aparecendo, especialmente aquelas relacionadas coas novas tecnoloxías. O RD 1591/2010 aproba a Clasificación Nacional de Ocupacións 2011, CNO11

Coñecemos os Instrumentos e feramentas para o estudo do mercado:
  • Observatorio ocupacional do Servizo Público de Emprego Estatal
  • Observatorio ocupacional do Servizo Público de Emprego en Galicia
  • Observatorio Europeo de Emprego
Vimos a importancia da prospección do mercado como medio para coñecer as necesidades de recursos persoais a curto e medio prazo favorecendo adpatación e actuación a través de políticas activas de emprego para responder a estas demandas.

Finalmente, dentro do Mercado laboral abarcamos o estudo das distintas vías de acceso ao emprego:
  • Emprego por conta allea (administración pública e empresa privada)
  • Emprego por conta propia


INICIATIVA EMPRENDEDORA

No estudo da iniciativa emprendedora repasamos as principais conclusions do informe GEM e a incidencia da crise na actividade emprendedora que baixou en galicia dende o a no 2007 de 7,64% a 3,92% no ano 2014.

Unha das razóns da baixa Taxa de actividade emprendedora (TEA) é o noso modelo productivo basado nas PEMES do sector turístico e da construcción, xunto co comportamento ESPONXA do noso mercado laboral.

Analizamos as principais dificultades que podemos atopar no noso país á hora de emprender:
  • Dificultade de financiamento
  • Multitude de tramites administrativos e prazos moi largos
  • Falta de cultura emprendedora

Os beneficios sociais da creación de empresas e o emprendemento social:
  • Crean riqueza de forma sostible
  • Fomentan o arraigo no territorio
  • Favorecen a cohesión social e territorial
  • Interveñen en sectores socialmente necesarios

Tamén repasamos os elementos esenciais no proceso de creación de empresas:
  • A ideaO modelo de negocio
  • As características da poboación emprendedora
  • Consecuencias da decisión de emprender
  • O plan de empresa
Tivemos a ocasión de facer unha do modelo CANVAS mediante o que se valida a idea ata convertila nunha oportunidade de negocio. O lenzo canvas trata de responder a catro preguntas básicas do deseño da empresa:
  • Como
  • Que
  • Quen 
  • Canto