viernes, 8 de julio de 2016

Purificación Perez: a miña nube de intereses

Un tren que no debemos deixar escapar

O meu nome é Puri e nesta primeira entrada no blogue do grupo de traballo quero falarvos un pouco sobre min, os meus intereses e as expectativas respecto a este curso.


Licencieime en Psicoloxía porque tiña claro que quería traballar con e para as persoas, pero una vez rematados os estudos non foi doado elixir un obxectivo profesional. A orientación laboral era un campo que me ofrecía traballar axudando ás persoas e ao mesmo tempo supoñía un reto, polo que tomei a decisión de facer un mestrado de especialización en orientación laboral e a partir de aí comezou a miña andaina como orientadora laboral.

Unha das máximas que teño claras despois de doce anos no mundo da orientación é que para conseguir os nosos obxectivos profesionais e vitais, debemos xestionar a nosa busca activamente, manter a motivación e non deixar escapar as oportunidades. Atopar emprego é unha tarefa que require tempo, esforzo e dedicación, e que en ocasións é necesario acudir a servizos de orientación que nos poden proporcionar información, asesoramento e apoio. Isto é o que representa a miña nube, un tren que non podemos deixar escapar se queremos conseguir os nosos soños.

O meu perfil en linkedin

A miña conta de Twitter @ppregoemprego

No hay comentarios:

Publicar un comentario